educacionresponsable

 Educación Responsabe

O noso centro participa neste proxecto de educación emocional da Fundación Botín e a Xunta de Galicia coa finalidade de implicar ao noso alumnado en procesos de valorización da intelixencia emocional que lle permitan unha relación plena e satisfactoria durante o seu medrar a través do mundo global.

Bancos de ferramentas para traballar a empatía, a confianza ou a autoestima, a xestión dun coro ou a creación artística son algunhas das actividades coas que contamos o curso pasado. Este é o segundo ano e queda outro máis. Fantástica e produtiva experiencia!