mediacionescolar

Mediación escolar e resolución pacífica de conflitos

Formamos anualmente alumnado, docentes, persoal non docente e familias. Partimos dunha visión positiva do conflito, e utilizámolo como materia prima para aprender del. É normal ter conflitos, o que queremos é ensinar a afrontalos de forma positiva a través do diálogo.

Na nosa formación traballamos os estilos de comunicación, as diferentes formas de afrontar o conflito, a linguaxe non verbal e as mensaxes EU, entre outras técnicas. A empatía, a tolerancia e a confianza están sempre presentes.

Nas imaxes, o equipo de formación en Viana do Castelo en xuño pasado, e na última alumnado voluntario explicando polas aulas as vantaxes de contar con esta ferramenta no centro, durance a celebración do día da Paz e a non violencia.