epdlab

 Proxecto de educación para o desenvolvemento #epdlab

Dende hai 8 cursos participamos no #epdlab, un proxecto de educación para o desenvolvemento promovido pola ong Agareso e coa colaboración de cinco centros galegos, entre eles o noso. Realízanse obradoiros de desenvolvemento social, traballando temas como o racismo, o sexismo, as desigualdades norte-sur, o coidado do planeta ou o coñecemento doutras comunidades educativas tan afastadas como diferentes ás nosas, e como poden se os bateis en República Dominicana.

Logo de cada obradoiro, o alumnado elabora un produto que inmediatamente é publicado en redes: memes, vimes, dobraxes, contrapublicidade...

Unha das actividades estrela do proxecto é o encontro físico anual dos cinco centros: o Hackathón! Unha xornada para compartir, para medrar e para desenvolver as nosas habilidades sociais mentras resolvemos retos que nos permitirán construir futuro.

O proxecto conta con web propia: www.epdlab.org

Aquí van algunhas imaxes das reunións de docentes para coordinación, de algún dos obradoiros e do famoso Hackathón...





Enlace á presentación realizada por alumnado de 2º ESO para novo alumnado do EPDLAB.

https://www.canva.com/design/DAFDv_5hFDE/2emVAsHUkC4MZ4ARkgNu-g/view?utm_content=DAFDv_5hFDE&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink