Esta rede está constituida por diferentes institucións internacionais que, ademais do noso IES, cren na resolución pacífica de conflitos como ferramenta básica na vida. O CCEE Reyes Católicos da Embaixada de España en Bogotá, a Universidade Católica de Colombia ou a propia UNESCO son algunhas delas.
A labor desta rede foi premiada hai cinco anos coa Placa Universal para la Paz y la No Violencia:
https://www.farodevigo.es/ourense/2018/08/30/ies-carlos-casares-viana-do-15913473.html
Esta actividade pemitiunos achegarnos como docentes, e polo tanto poder facer partícipe ao noso alumnado, a realidades como os procesos de paz que vive Colombia no seu camiño por facer chegar a acordos de vida ao Estado, FARC, ELN ou grupos paramilitares. Varios docentes do noso IES tiveron a oportunidade de vivenciar este proceso.
Aquí se poden ver algunhas formacións impartidas pola rede, tanto en Colombia (Bogotá, Yopal, Cauca...) coma en España (Albacete).
Dende a pandemia, seguimos a formar a grupos de mediación escolar en ambos lados do charco, e mantemos o contacto entre os membros da rede a través dun congreso virtual anual de convivencia.




