entroido

 O Entroido en Viana como nexo de unión interxeracional

Poucas actividades en Viana do Bolo son capaces de unir a toda unha vila, a todas a xeracións e a todas as persoas que deciden visitarnos. Dende o IES poñemos o noso gran de area, participando da festa con todo o noso alumnado. De feito, facémolo tamén coa comunidade do CEIP Bibei e coas asociacións culturais da vila "Robreda" e "Fulións Rurais", nunha xornada de Xoves de Comadres inesquecible.

A oportunidade que nos dá esta fantástica tradición de sentirnos comunidade é única.

Velaí o Xoves de Comadres.



Fulión de Comadres do 2021, nas nosas casas, e tocando o colexio e o instituto xuntos a pesares diso.