A igualdade das persoas e a diversidade sexual como fontes de riqueza
Contamos sempre coa inestimable colaboración do CIM de Viana do Bolo, e sempre andamos a organizar actividades de igualdade entre todas as persoas e para a erradicación da violencia de xénero e o machismo. Dende o traballo con autoras feministas como Yolanda Castaño ata actividades conmemorativas de datas imprescindibles: 25N, 11F ou 8M.
Colaboran tamén con nós o Concello de Viana do Bolo en actividades coma a proxección do documental "Pegadas", de revalorización do rol da muller rural ou Outonía: Educación Social e Sustentabilidade Rural en actividades nas que se pon de manifesto o rol das mulleres e as nenas no rural.
O traballo para a valorización da diversidade sexual como liberdade e vida, é fundamental no noso centro. Contamos cun grupo de apoio LGBTI e formamos parte da Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia, recoñecida co premio Arco Iris, e sendo partícipes como centro en 2022 do primeiro congreso LGBTI Educativo. Así locía a entrada do noso IES, a nivel de igualdade, diversidade e erradicación de machismos e outras fobias contra colectivos LGBTI. Tamén podedes ver imaxes do congreso e ao noso grupo!





