redeconvivenciapositiva

 Rede de Centros para unha Convivencia Positiva

O noso centro forma parte desta rede dende hai anos. Cada ano, un centro da rede acolle un congreso de convivencia ao que asisten os demais centros (habitualmente uns vinte de toda a xeografía galega). No noso IES organizouse a quinta edición, e o curso pasado participamos na xuntanza no IES Afonso X de Cambre.

Os centros detectan necesidades en convivencia e arman un congreso con ponentes e obradoiros para docentes, alumnado e familas. A participación sempre é moi positiva, e estamos xa a agardar a novena edición.

Aquí podedes ver unha das últimas actividades en 2022 en Cambre, así como parte da equipa integrante do noso centro.